Xornadas

X Xornadas (Moaña, setembro 2015)


Integradas no Festival "Móvete nas Xornadas. XV Aniversario FEGATEA"




IX Xornadas (Santiago de Compostela, setembro 2014)

Os días 26,27 e 28 de setembro celebráronse as IX Xornadas de Teatro no centro sociocultural de Santa Marta, en cuxa inauguración estivo presente o Secretario Xeral de Cultura, Anxo Lorenzo. Nas Xornadas houbo tres mesas de debate onde se discutiron temas de relevancia para o teatro amador galego.

Na 1º mesa de debate “Pasado, presente e futuro da FEGATEA” interviñeron: Chelo Pampillón (Xunta directiva FEGATEA), P. Pablo Riobó (Teatro Aurín), Luis Pequeno (Marañao Teatro), Carlos Rebolo (Hipócrita Teatro) e Daniel Baamonde (Artías Teatro). Nesta mesa analizouse a traxectoria da Federación e presentáronse propostas para mellorar a súa organización interna de cara a afrontar novos retos.
Na 2ª mesa de debate “A cultura nos medios de comunicación” interviñeron: Montse Dopico (periodista cultural), Lourdes Abuide (xornalista de Onda Cero Lugo e actriz), Manuel Xestoso (editor, tradutor e crítico literario e teatral) e Antón Lamapereira (director da RGT). Os poñentes disertaron sobre a escasa presenza da cultura nos medios convencionais e sobre os motivos da mesma, así como do xurdimento de canles alternativas para a difusión, fundamentalmente a través de internet e das redes sociais.
Na 3º mesa de debate “O impulso económico a través da cultura teatral” interviñeron: José León (Xunta directiva FEGATEA), Roberto Pascual (ESAD e MIT de Ribadavia), Eduardo Alonso (AAAG e Teatro do Noroeste), Rubén Pérez (Actor e ex - coordinador do Proxecto Buxiganga). Todos eles puxeron sobre a mesa datos e argumentos para defender a capacidade da actividade teatral e cultural como motor de desenvolvemento económico. Destacaron, ademais, que o teatro ten outras dimensións non medibles en termos económicos, xera riqueza lingüística, cultural, educativa e beneficios en saúde física e mental para a poboación.
A Federación de Castela e León, RGT e Comedias do Minho participaron, conxuntamente coa FEGATEA, nunha mesa de traballo baixo as siglas de PLATTA (Plataforma transfronteiraza de teatro amador). Con motivo desta xuntanza a Revista Galega coordinou unha experiencia de intercambio a través dunhas lecturas dramatizadas, dirixidas esta vez por Joao Vaz, Director artístico de Comedias do Minho (Portugal).



Tamén arredor das xornadas, celebrouse a entrega do III premio Fegatea e programáronse 3 funcións de teatro en Santiago de Compostela. Os grupos de teatro Porta Aberta, Metátese e Atrezo actuaron, respectivamente, nos centros socioculturais de O Castiñeiriño, Vite e Santa Marta.
VIII Xornadas (Salvaterra do Miño, outubro 2013)
As VIII Xornadas de Teatro tiveron lugar do 4 ó 6 de outubro en Salvaterra do Miño nas Covas de Dona Urraca.  Nestas xornadas celebrouse a IV Mesa de Traballo da Plataforma PLATTA, na que se avaliaron as experiencias de intercambio realizadas ata o momento e se analizaron novas  propostas para a promoción e difusión do teatro amador a través da plataforma. As xornadas serviron de marco para a sinatura do Convenio de colaboración entre as partes: Federación de Teatro Aficionado de Castilla y León, Comedias do Minho, Revista Galega de Teatro e FEGATEA.
A súa clausura asistiu o Conselleiro de Cultura, Xesús Vázquez, así como representantes do goberno municipal de Salvaterra, concello que facilitou as infraestruturas necesarias para a celebración das xornadas.







VII Xornadas (Salvaterra do Miño, agosto 2012)
Os días 11 e 12 de agosto de 2012, representantes da Federación  Galega de Teatro Afeccionado, da Federación de Teatro Aficionado de Castilla  y León, de Comedias do Minho e da Revista Galega de Teatro, así como expertos en actividades culturais en calidade de asesores, reuníronse na localidade de Salvaterra do Miño para celebrar as VII Xornadas de Teatro promovidas pola FEGATEA. O obxectivo destas xornadas era valorar a posibilidade de atopar canles de colaboración e intercambio cultural transfronteirizo entre Galicia, Castela - León e Portugal. 
Durante as xornadas quedou patente a predisposición de todas as partes a colaborar na posta en marcha dun proxecto común vinculado a accións específicas. 
A tal efecto, a FEGATEA, a Federación de Castilla y León, Comedias do Minho e a RGT, acordaron crear a Plataforma Transfronteiriza do Teatro Amador (para o desenvolvemento comunitario), cuxas siglas quedan establecidas como PLATTA. 
As covas de Dona Urraca, na Fortaleza de Salvaterra do Miño, foron o escenario destas frutíferas xornadas que tamén tiveron un espazo para a convivencia e o teatro. 
Os xantares e as ceas foron a ocasión para compatir e intercambiar ideas e inquedanzas. 
O teatro no podía faltar. O sábado 11 chegaron os "Homes en escabeche" de Hipócrita Teatro á explanada da Fortaleza. O domingo, a proposta multidisciplinar "Onde Chaplin esqueceu o seu paraugas" puxo o bloche final a dúas xornadas de intenso traballo. As Covas de Dona Urraca foron o escenario dunha peza creada especialmente para a ocasión e interpretada por José León e polos membros de Hipócrita Teatro Carlos Rebolo, Elea López e Mª José García, con música en directo de Vadim Yukhnevich. 
A FEGATEA agradece ao concello de Salvaterra ter posto a súa disposición todos os medios necesarios para poder celebrar estas xornadas no mellor dos marcos posibles. Agradece tamén o apoio do CDG, da AGADIC e da Asoc. Cultural e Pedagóxica Ponte nas Ondas. 

ASISTENTES: Chelo Pampillón, José León, Mª José García e Mª José da Xunta Directiva da FEGATEA; J. Luis Ramos da Federación de Tetaro Amador de Castela –León;  João Pedro Vaz e Pedro Morgado de Comedias do Minho; Antón Lamapereira da RGT;  Francisco Veiga do CDG; Xerardo Feijoo da Asoc. Ponte nas Ondas; Xaime Costas de O Trasno Novo Teatro; Pedro P. Riobó de Teatro Aurín; Paula Ponte e Eugenia Esteves de Associação Cultural de Verdoejo – Valença;  Paulo Lobato Costa  e Ilídio Castro de Filarmónica Milagrense - Associação Cultural Recreativa e Social; Jessica Roade de Atrezo Teatro; Carlos Rebolo e Oscar Alba de Hipócrita Teatro.


VI Xonadas (Cidade da Cultura, decembro 2011)
As VI Xornadas de Teatro Afeccionado celebráronse na Cidade da Cultura de Santiago os días 9 e 10 de decembro do 2011.
  Asistiron representantes das federacións de Teatro Afeccionado de Asturias, Castela-León, Castela-A Mancha, Valencia, Navarra, Cantabria e Madrid, e os responsables de Escena Amateur e do Blog de Teatro Aficionado.

   A FEGATEA quixo establecer, co resto das comunidades nacionais, un foro onde estudar cómo o teatro, e mesmo o teatro afeccionado, é capaz de asentarse como realidade cultural, económica e de vertebración no século XXI.
     
Contamos coa estimable colaboración da Fundación da Cidade da Cultura que cedeu un espazo para a realización desta actividade, o que permitiu, asemade, dar a coñecer ao resto das federacións estas novas instalacións.