PLATTA


 (Plataforma Transfronteiriza do Teatro Amador)
Constituída por:

FEGATEA

FETACYL

Comedias do Minho

e RGT

Logo da súa constitución durante as I Xornadas do Teatro Transfronteirizo celebradas en Salvaterra do Miño en agosto do 2012, a Plataforma PLATTA segue a traballar no desenvolvemento das liñas de actuación acordadas.
PLATTA naceu co propósito de fomentar o desenvolvemento do teatro afeccionado transrexional como unha realidad dentro da industria cultural nacional e europea. Aposta por unha nova visión do teatro amateur como elemento indispensable para a divulgación e intercambio cultural transfronterizo.

PLATTA establece varias áreas de acción que se van consolidando ano a ano, froito do traballo continuado e do entendemento entre as persoas representantes das distintas entidades:
1. ENCONTRO, ANÁLISE  e DISCUSIÓN.
  • Xornadas de teatro que inlúen mesas de traballo e obradoiros de lecturas dramatizadas en 3 linguas. 
2. FORMACIÓN.
  • Apertura das actividades formativas organizadas por cada entidade ós compoñentes das demais.
3. MOBILIDADE e DIFUSIÓN.
  • Celebración de 3 festivais anuais transfronterizos de teatro:
      • FRONTERIZOS (febreiro) organizado por FETACYL.
      • FITAVALE (maio) organizado por Comedias do Minho.
      • MÓVETE NAS XORNADAS (setembro, organizado por FEGATEA. 


resume das primeiras mesas de traballo

V MESA DE TRABALLO
(Monçao, 10 e 11 de maio do 2014)

Representantes da Plataforma reuníronse de novo en Monçao os días 10 e 11 de maio coincidindo coa celebración dunha nova edición do FITAVALE, organizado por Comedias do Minho, festival que contou, ao igual que no pasado ano, coa participación dun grupo da FEGATEA e outro da FETACYL.. Nesta V Mesa de traballo programáronse as actuacións que se van levar a cabo o resto do ano (intercambio teatral e formación) ás que hai que engadir as propostas da RGT de difusión das actividades da plataforma e de organización, como experiencia piloto, dunha lectura dramatizada na que participen membros das distintas entidades nas IX Xornadas FEGATEA.


IV MESA DE TRABALLO
(Salvaterra do Miño, 5 de outubro)

Durante as VIII Xornadas de Teatro, celebradas en Salvaterra do Miño os días 4,5 e 6 de outubro do 2013, representantes das entidades que compoñen PLATTA reuníronse na IV Mesa de Traballo para avaliar as primeiras actividades realizadas pola plataforma:

-       Intercambio teatral a través dos festivais e certames organizados por cada unha das partes: FITAVALE (Comedias do Minho), FRONTERIZOS 2013 (Federación de Castilla y León, prevsito para o mes de decembro) e MÖVETE 13 (Fegatea).

-       Actividades de formación organizadas pola Fegatea en colaboración coa ESAD.
Todos os integrantes coincidiron en valorar de xeito moi positivo as primeiras experiencias e apostaron por continuar a traballar nesta liña para consolidar a plataforma mentres se estudan outras actuacións conxuntas. O compromiso de colaboración quedou reflectido nun documento asinado por representantes de cada unha das partes.
 
III MESA DE TRABALLO 
(Ponferrada, 24 de febreiro de 2013)
A terceira mesa de traballo estudou a estrutura legal da Plataforma e a posibilidade de solicitar apoio económico para as súas actividades. Ademais, chegouse a acordos para manter unha programación estable e trazáronse unha normas internas que regularán o seu funcionamento. 








 


II MESA DE TRABALLO 

(Valença, 1 de decembro do 2012)

Nesta segunda mesa de traballo estableceuse unha programación e un calendario para o seu desenvolvemento no 2013 (actuacións e formación) que quedou pendente da súa aprobación polas asembleas correspondentes. Ao tempo, aprobouse un acordo protocolario para a presentación da Plataforma diante das institucións.