Móvete

2015
No 2015 organizouse unha edición especial do certame, co apoio económico da AGADIC, coincidindo coa celebración do XV aniversario da Federación. 
“Móvete nas Xornadas. XV Aniversario FEGATEA” celebrouse en Moaña (Pontevedra) do 19 ó 27 de setembro do 2015. As actividades tiveron lugar no Auditorio do Centro Cultural Daniel Castelao e na Casa da Mocidade, instalacións cedidas polo goberno municipal, e no local social  da Asociación Cultural Mulleres de Moaña.
O Festival mantivo o formato xa experimentado nas dúas edicións anteriores (celebradas en Salvaterra do Miño e en Santiago de Compostela respectivamente), combinando as actuacións teatrais e as actividades culturais abertas ó público, coa celebración das X Xornadas de Teatro, con varias mesas de debate sobre cuestións organizativas e culturais, e a VII Mesa de Traballo PLATTA, que reuniu a representantes das entidades que constitúen esta Plataforma de Teatro Amador Transfronterizo promovida por FEGATEA. Ademais, para celebrar o XV Aniversario da Federación, incluíu un acto de homenaxe aos grupos máis antigos. 


2014



















2013

Do 6 de setembro ao 7 de outubro celebrouse o FEGATEA Movete 2013 que, nesta edición,  homenaxeou a Roberto Vidal Bolaño. 


O Móvete  2013 celebrouse nas localidades de: Mera, Santiago, S. Andrés de Comesaña, Moaña, O Porriño, Salvaterra do Miño, Lugo e Ourense. En total, foron 25 obras de teatro amador as que se puideron ver entre os días 6 de setembro e  12 de outubro. A programación incluíu, por primeira vez, a actuación dun grupo portugués e doutro de Castela León (en Santiago e Lugo, respectivamente) froito dos acordos da Plataforma Transfronteiriza PLATTA. 


2012

Catro localidades galegas acolleron no mes de setembro o “Móvete 2012”

O Porriño, Lugo, Vedra e O Barco de Valdeorras foron os lugares elixidos para a celebración deste ciclo de teatro afeccionado organizado pola FEGATEA co apoio da AGADIC e dos gobernos municipais das respectivas localidades, que ten como obxectivo estimular a mobilidade xeográfica dos grupos federados.

Baixo o título de” Móvete 2012”, o ciclo  programou 12 funcións teatrais, tres en cada localidade, ofrecidas por outras tantas compañías de teatro amador, que tiveron lugar os días 15, 16, 22 e 23 de setembro.  

En O Porriño, as actuacións foron o sábado e o domingo 15 e 16 de setembro, con Quimera de Gargallada Teatro e Acto imprevisto de Teatro de Cámara DITEA; e  o sábado 22, representouse  Asemblearias de Andaravía Teatro, todas elas no auditorio do Centro Cultural Municipal ás 20:00h.

En Lugo, as actuacións comezaron o 16 de setembro, con O eloxio da Loucura de Atrezo Teatro  ás 20:00 no Auditorio Gustavo Freire. O sábado 22, a función tivo lugar no Centro Sociocultural de Fingoi coa obra Sanatos de Paso de Valverde ás 18h. O domingo 23, Carfax Teatro levou ao Auditorio Gustavo Freire Portus Veneris ás 20h.

En Vedra, todas as funcións tiveron lugar na Casa da Terceira Idade ás 20h: o día 16, A miña muller e o fontaneiro de Teatro Rueiro; o 22, Maribel e a estraña familia de Chumpá Teatro e o 23 rematou o ciclo nesta localidade coa obra Bolboretas de Metátese Teatro.

O Barco de Valdeorras, no Teatro Lauro Olmo, acolleu as actuacións da Biblioteca de Antas de Ulla con Catac –Roc o día 16 ás 12h; Teatro Escoitade puxo en escena Longa vida a Martiño de Güimil o día 22 ás 20h e a obra D2N2-3 de O Trasno Novo Teatro, pechou o ciclo nesta localidade o día 23 tamén ás 20h.




2011