Formación

Dende o ano 2012, FEGATEA mantén un acordo de colaboración coa Escola Superior de Arte Dramática de Galicia (ESAD) para ofrecer formación teatral ós compoñentes dos grupos federados. Este acordo materialízase cada ano coa organización dos cursos de verán ESCÉNIKA.

Dende o ano 2013, a actividade faise extensiva ás entidades que constitúen PLATTA (Plataforma Transfronteriza de Teatro Amador) promovida por FEGATEA. 

A Federación mantén tamén acordos co CDG (Centro Dramático Galego) para a organización de cursos monográficos.

RESUME DALGUNHAS ACTIVIDADES FORMATIVAS LEVADAS A CABO NOS ÚLTIMOS ANOS:

2014



CURSOS ESCÉNIKA/FEGATEA - ESAD (Vigo)
  • INTERPRETACION, IMPROVISISACIÓN, VOZ (CANTO) E EXPRESIÓN CORPORAL.
Impartido por Sergio Macías, Marion Sarmiento e Alicia Corral (do 23 ao 26 de xuño)
  • DIRECCIÓN TEATRAL
Impartido por Julián Herrero (do 30 de xuño ó 4 de xullo)
CURSO DE ILUMINACIÓN (conveniado co CDG)
Salón Teatro (Santiago) 21 e 22 de xuño
Curso práctico impartido por técnicos do CDG

2013

  • Obradoiro de iniciación á construcción escenográfica
Esta actividade formativa, á que asistiron 12 persoas de grupos federados, enmárcase no acordo de colaboración de FEGATEA co Centro Dramático Galego.  Tivo lugar os días 16 e 17 de novembro na nave do CDG en Santiago e foi impartido por técnicos do propio CDG.
  • ESCÉNIKA, Campus Internacional de Verán
Froito do acordo de colaboración FEGATEA – ESAD, organizáronse dous cursos intensivos de verán:
            Do 1 ó 4 de xullo: “Interpretación, expresión oral e corporal”.
            Do 8 ó 11 de xullo: “Dirección escénica e dramaturxia”.
Ambos cursos foron impartidos por profesorado da Escola Superior e tiveron lugar nas instalacións da mesma en Vigo. Nesta actividade formativa, aberta á participación dos membros da Plataforma PLATTA.  


  • Curso de Expresión corporal: "A linguaxe corporal en escena” impartido por José León os días 2 e 3 de marzo no local social da FEGATEA en Santiago.


2012








 

2012