lunes, 15 de enero de 2018

CELEBRADAS AS ASEMBLEAS XERAIS DO 14 DE XANEIRO


 
 
O domingo 14 de xaneiro de 2018 celebráronse na súa sede social no antigo Colexio Público Ramón Cabanillas no Castiñeiriño (Santiago) as Asembleas Xerais ordinaria e extraordinaria convocadas no seu día pola Directiva da Fegatea.
Aprobaronse, entre outros puntos o informe da presidenta, o programa de actividades para o 2018 e as contas correspondentes ao 2017. Asemade o orzamento para o ano  2018.
No tocante á extraordinaria presentaron a súa candidatura 3 representantes dos grupos: O Trasno Novo Teatro, Achádego Teatro e  Teatro Tiruleque.
En breve pasarán a formar parte da directiva.
Por outra banda tamén ofertaron a súa colaboración membros dos grupos: Lohengrín, Andaravía e Fauna 113 co fin de apoiar as tarefas da Xunta Directiva.