miércoles, 13 de diciembre de 2017

A FEGATEA PRESENTE NA ENTREGA DOS PREMIOS DA CULTURA GALEGA 2017

A presidenta, Chelo Pampillón e os membros da directiva Pepe Camba e Antonio Vázquez estiveron  o martes , 12 de decembro, na gala de entrega dos Premios da Cultura Galega do ano 2017 na Cidade da Cultura de Galicia.

domingo, 3 de diciembre de 2017

RAMATOU O CURSO DE NOVAS TÉCNICAS DE ILUMINACIÓN NO CDG

O curso de iluminación tivo lugar onte día 2 decembro, no Salón Teatro  coa inestimable colaboración  do Centro Dramático Galego que cedeu as instalacións e impartido por Juanjo Amado Rolán.
Máis de vinte  integrantes de grupos de teatro da Fegatea e da Platta  tiveron oportunidade de coñecer novas técnicas de iluminación ao longo das oito intensas horas de duración do mesmo.
Nas fotografías pódese ver un pequeno resumo do desenvolvemento do curso comezando por unha introdución teórica, pasando pola práctica e acabando coa entrega dos diplomas acreditativos.
Nesta entrega contamos coa presenza de Fefa Noia, Directora do CDG e a presidenta da Fegatea.








As fotografías son do compañeiro Pablo de Lohengrín teatro.