lunes, 27 de noviembre de 2017

REMATADO O CURSO DE XESTIÓN CULTURAL

O sábado 25 e o domingo 26 de novembro de 2017 impartiuse no local social da Fegatea en Santiago o Curso de Xestión para Fegatea: Desenvolvemento de proxectos culturais no ámbito das Artes Escénicas a cargo de Diego Vázquez Meizoso.
Parabéns para o docente e as persoas asitentes de grupos das catro provincias polo esforzo e o traballo realizado ao longo desta intensa fin de semana.
Agradecemos ao responsable do Centro Sociocultural de O Castiñeiriño  a súa colaboración para o desenvolvemento desta acción formativa.


 
 

viernes, 24 de noviembre de 2017

INCORPORACIÓN DE TEATRO DO NOROESTE-CENTRO DRAMÁTICO DE VIANA E DE TEIA (TEATRO EM INICIATIVA ASSOCIATIVA) A PLATTA

O pasado día 18 de novembro en Viana do Castelo, asinouse o protocolo para a incorporación de Teatro do Noroeste-Centro Dramático de Viana e de TEIA (Teatro en Iniciativa Associativa) á Platta.
Representantes da Fegatea, Revista Galega de Teatro, Federación de Teatro Aficionado de Castilla y León e os novos parceiros de Viana do Castelo traballaron ao longo do día na redacción definitiva do protocolo polo que se guiarán as actuacións da Plataforma Transfronteiriza de Teatro Afeccionado a partir do ano 2018.
Contase tamén coa colaboración do Instituto Camoes na súa sede de Vigo na futura programación de actividades de intercambio cultural.

 Traballo de redacción do protocolo
 Sintaura do protocolo polos representantes das entidades parceiras
Foto de familia dos representantes das entidades asinantes do protocolo

viernes, 3 de noviembre de 2017

Rematou o Agustín Magán 2017

Os grupos: Andaravía o día  31, O Aturuxo de Melpómene e Lohengrín  o día 1 completaron as actuacións desta XVI edición do Festival de Teatro Amador "Agustín Magán"
Noraboa a todos os grupos participantes pola súa selección e  polo seu bo facer teatral.