lunes, 9 de octubre de 2017

NOVA CONVOCATORIA DE CURSOS




CURSO DE XESTIÓN CULTURAL PARA FEGATEA:
DESENVOLVEMENTO DE PROXECTOS CULTURAIS NO
ÁMBITO DAS ARTES ESCÉNICAS.
DATAS: 25 E 26 DE NOVEMBRO. 

 

PROGRAMA DE CONTIDOS:

XORNADA I (TEÓRICO-PRÁCTICA)
.- Animación sociocultural, xestión cultural e mediación cultural: que pasou
nestes anos?
.- O teatro como recurso para a participación: recursos para a participación
cidadá e a mediación cultural.
.- Da idea ao evento teatral:
Estudo e análise da realidade sociocultural: matriz DAFO e outros recursos para
coñecer o noso contexto cultural.
A definición dos obxectivos.
Como poñer en marcha o proxecto. Estruturación e redacción.
Búsqueda de orzamento. Patrocinios e mecenado. Posibilidades de traballo
colaborativo. Novas fórmulas.
Produción do evento
(localización, necesidades, estrutura de grupo de traballo, recursos técnicos e
materiais, horario e número de días)
Avaliación
XORNADA II (TEÓRICO-PRÁCTICA)
.- Dinámicas de grupo. Para que sirven? Como canalizalas? O traballo por
dinámicas tanto a nivel interno (equipo) como externo (usuarios/as, público)
.- O benchmarking cultural. A búsqueda de referentes e modelos de organización e
traballo. Coñeceremos modelos de programas culturais co teatro como centro e
modelos de organización e boa praxe, tanto a nivel nacional como internacional.
_
.- Exercicios prácticos (4) en grupos coas claves que facilitará o docente.
Daranse marcos de traballo para idear pequenos proxectos culturais e teatrais (tipo
de comunidade, tipo de evento, orzamento, obxectivos xerais)
NOTA: Se os/as participantes están inmersos/as nalgún proxecto ou están xa
organizando ciclos, programas, temporadas teatrais ou outro tipo de accións
culturais tentaremos ir encaixando cada un dos conceptos e puntos do programa
dentro do marco de traballo dos mesmos, co gallo de que o obradoiro sexa o máis
personalizado posible.
DOCENTE:
Estudou filoloxía inglesa na USC, posgrao en xestión do mercado cultural e do ocio
(UNED), posgrao en animación sociocultural, ocio e tempo libre (UNED), posgrado
en sectores e industrias culturais (UOC), máster en xestión cultural, orientación
profesional (UOC-UdG), diploma de creación e consolidación de empresas culturais e
creativas (Fundación INCYDE) e programa Go2Work para proxectos culturais
(Centro de Emprendemento Creativo da CdC e EOI-Escuela de Organización
Industrial), ademais de diversos cursos, seminarios e congresos sobre xestión
cultural, educación social e animación-mediación cultural.
Formado como actor en diferentes espazos como o CDG, Escola San Clemente, Aula
de Teatro da USC ou Espazo Aberto, durante varios anos adiqueime ao teatro
afeccionado en diversas compañías e agrupacións.
Xestor cultural cunha experiencia profesional de 10 anos, no ámbito das artes
escénicas traballei na xestión e produción do Festival Internacional de Teatro
Universitario de Galicia, do ALT (festival alternativo das artes escénicas de Vigo) e
do Corpo(a)Terra (festival de danza e artes do corpo de Ourense)
Traballei tamén durante 8 anos na Rede Municipal de Centros Socioculturais do
Concello de Santiago, coordinando os programas Vive o verán! (2009-2012), ou o
programa Compostela Cine Classsics (2012-2014) Entre xaneiro de 2013 e marzo de
2016 fun responsable da programación da sala de teatro Agustín Magán.
Como docente-facilitador teño impartido obradoiros e monográficos sobre
microxestión cultural, análise fílmica e teatro e desenvolvemento persoal para
nenos/as e persoas adultas en, entre outros, diversas asociacións, Concello de
Santiago ou Escola Unitaria.
_
Na actualidade desenvolvo e coordino diversos proxectos culturais, son socio
traballador da cooperativa cultural 7H COOP e, dende maio de 2017, xerente de
Escena Galega.
PERSOAS DESTINATARIAS
Membros dos grupos e compañías asociadas á FEGATEA, que queiran aprender algo
máis sobre mediación cultural, xestión cultural e as claves profesionais máis
importantes na produción e organización de eventos culturais, centrados no ámbito
das artes escénicas.