jueves, 28 de septiembre de 2017

Mañá venres comezan as XII Xornadas Fegatea en Sada

 
XII Xornadas de Teatro Aficionado Fegatea - FETTA (Festival Transfronterizo de Teatro Amador)
 
Os días 29 e 30 de setembro e 1 de outubro celébranse no Auditorio Pintor Lloréns do Concello de Sada ás XII Xornadas de Teatro Afeccionado Fegatea e o FETTA (Festival de Teatro Transfronteirizo)
Nestas xornadas conxúganse varias das principais actividades da Fegatea: as representacións teatrais, o debate sobre o teatro amador en calquera das súas facetas, a convivencia das persoas que se adican a  esta arte, a formación a través das leituras dramatizadas nas tres linguas: Galego, Castelán e Portugués e o intercambio con outras realidades semellantes de Castela e León e  o veciño Portugal.
Ao longo destes tres días imos ter un programa apretado e cheo de actividade:
VENRES 29 DE SETEMBRO:
 
- 17:30 H.: RECEPCIÓN DE PARTICIPANTES
 
- 18:00 H.: OBRADOIRO DE "XESTIÓN CULTURAL". RELATOR: DIEGO VÁZQUEZ MEIZOSO.
 
- 20:00 H.: ACTUACIÓN TEATRAL (FETTA). GRUPO FAUNA 113: "DEUS. UNHA COMEDIA".
 
- 22:00 H.: CEA DE RECEPCIÓN
 
SÁBADO 30 DE SETEMBRO:
 
- 10:00: MESA DE TRABALLO PLATTA.
 
CONTAREMOS COA PRESENZA  DOS REPRESENTANTES DA REVISTA GALEGA DE TEATRO, DA FEDERACIÓN DE TEATRO AFICIONADO DE CASTILLA Y LEÓN E DO INSTITUTO CAMÕES.
 COMEZO DAS LECTURAS DRAMATIZADAS DE XEITO SIMULTÁNEO.
NOS OBRADOIROS DIRIXIDOS POR ALEJANDRO ALBAICETA (DIRECTOR DO GRUPO AXÓUXERE DE OLEIROS) E VANESA SOTELO (DIRECTORA DA REVISTA GALEGA DE TEATRO) PARTICIPARÁN MEMBROS DOS GRUPOS DA FEGATEA, ASÍ COMO DO GRUPO DO INSTITUTO CAMÕES.
 
- 12:00: VISITA GUIADA Ó CONCELLO DE SADA. LECTURAS DRAMATIZADAS CONTINUARÍAN TRABALLO.
 
- 14:30: XANTAR
 
- 16:00: MESA DE TRABALLO: "FUTURO DO TEATRO AMADOR".
INTERVIRÁN:
-          CHELO PAMPILLÓN. PRESIDENTA DA FEGATEA: PAPEL DA FEGATEA NO FUTURO DO TEATRO AMADOR
-          PAULA SUÁREZ. ENFERMEIRA ESPECIALISTA EN  SAÚDE MENTAL: O TEATRO COMO TERAPIA EN PACIENTES CON TRANSTORNO MENTAL GRAVE
-          SILVIA FREIRE. DOUTORA EN SOCIOLOXIA E INVESTIGADORA SOCIAL ESPECIALIZADA EN VIOLENCIA DE XÉNERO: TEATRO AMADOR DENDE A VIOLENCIA DE XÉNERO.
-          ROBERTO PASCUAL, PROFESOR DA ESAD E REPRESENTANTE DA ASOCIACIÓN DE FESTIVAIS (AFEARTE): PROXECTO DE LEI DAS ARTES ESCÉNICAS E MUSICAIS
 
*AO LONGO DESTA MESA E DOS ACTOS DESTE SÁBADO CONTAREMOS COA PRESENZA DO SR. SECRETARIO XERAL DE CULTURA DA XUNTA DE GALICIA, D. ANXO LORENZO
CONTINUACIÓN DO TRABALLO DAS LECTURAS DRAMATIZADAS.
- 17:30: TEMPO DE LECER.
- 18:00 : FESTIVAL FETTA. TEATRO 4 (CASTELA E LEÓN): "LIGAZÓN & LA ROSA DE PAPEL"

- 20: 30: ACTUACIÓN DA COMPAÑÍA MUNICIPAL DO CONCELLO DE SADA, COA OBRA: "O ACHADO DO CASTRO". 
- 22:00: CEA DE CONVIVENCIA 
DOMINGO 1 DE OUTUBRO:
- 12 HORAS: POSTA EN ESCEA DAS LECTURAS DRAMATIZADAS NO AUDITORIO PINTOR LLORÉNS DE SADA.
- 14:30: COMIDA
 
-  16:00: TEMPO DE LECER.
 
- 18:00: PECHE DAS XORNADAS COA ACTUACIÓN TEATRAL DO GRUPO MAX TEATRO. "COUSAS DE MATRIMONIO"
 
A FEDERACIÓN GALEGA DE TEATRO AFECCIONADO QUERE MOSTRAR O SEU AGRADECEMENTO POLA COLABORACIÓN NA CELEBRACIÓN DESTAS XORNADAS:
 
AO SR. SECRETARIO XERAL DE CULTURA DA XUNTA DE GALICIA
AO CONCELLO DE SADA
Á CONCELLERÍA DE CULTURA DO CONCELLO DE SADA
Á SRA. DIRECTORA DO INSTITUTO CAMOES (SEDE DE VIGO)
Á REVISTA GALEGA DE TEATRO
ÁS PERSOAS INTERVINTES NA MESA DE  TRABALLO