martes, 20 de septiembre de 2016

FETTA

O día 18, sesión dobre para clausurar o Festival. 

Paso de Valverde con "Un día no circo" na Praza Maior e, máis tarde, T no Aramio con "Alacrán" no Mercado Municipal. 

domingo, 18 de septiembre de 2016

FETTA

Na tarde do día 17, A verdadeira historia da Carapuchiña", a cargo de Atrezo Teatro, animou a praza de Santo Domingo.




sábado, 17 de septiembre de 2016

FETTA

Microteatro na rúa o día 16
O segundo fin de semana FETTA comezou coas actuacións de Andaravía coa micropeza infantil "O misterioso mexunxe marrón" e Teatro Escoitade  cunha escena titulada "O desafiuzado".




lunes, 12 de septiembre de 2016

FETTA

A posta en escena das lecturas dramatizadas "1 texto en 3 linguas" tivo lugar nos Xardíns do Museo Provincial o domingo, día 11, coa sorpresiva asistencia do autor do texto, Fran Godón, quen felicitou a actrices, actores e directores polo seu traballo.

FETTA

O grupo Os Simples de Comedias do Minho presentou "88.5" na Sala de Exposicións da Deputación Provincial representando á entidade portuguesa neste Festival Transfronteirizo.


domingo, 11 de septiembre de 2016

FETTA

A compañía Retranka, de León, representou a FETACYL no Festival, coa súa obra "Auto" na Sala de Exposicións da Deputación Provincial.




PREMIO PARA FEGATEA

Dentro do Festival FETTA, organizado pola FEGATEA na cidade de Lugo, tivemos a honra de recibir o premio á mellor Federación Teatral de Teatro Amador do territorio nacional. O premio foinos concedido pola Federación de Teatro Amador de Castilla y León, e entregado polo seu Presidente.

HOMENAXE A M. LOURENZO

Fotografías da entrega do IV Premio Fegatea a Manuel Lourenzo, escritor, ensaísta, director, actor... mestre... pero sobre todo unha grande persoa que nos fixo emocionar coas suas palabras.





A maxia do Mago Rafa puxo o broche de ouro a esta sentida homenaxe



sábado, 10 de septiembre de 2016

Lecturas Dramatizadas

OBRADOIRO DE LECTURAS DRAMATIZADAS DENTRO DO FETTA
A obra seleccionada pola RGT  foi "Baile de sombras" de Fan Godón, traducida para esta ocasión ó portugués e ó castelán. Nos obradoiros participaron actores e actrices galegos dirixidos por Gonçalo Fonseca de Comedias do Minho, portugueses dirixidos por Rafael de Juan de FETACYL e casteláns dirixidos por P. Pablo Riobó de FEGATEA.
Os equipos preparando as lecturas no CC Uxío Novoneyra


Inauguración de FETTA

Co "Soñador de historias" de Fanfarra Títeres no Baúl do Mago deu comezo o Festival Transfronterizo de Teatro Amador (FETTA) en Lugo (9 de setembro), que conta coa apoio da Deputación Provincial e do Concello e no que participan as entidades que forman PLATTA.



jueves, 8 de septiembre de 2016

PRESENTACIÓN FETTA

Presentación do Festival Transfronteirizo de Teatro Amador FEGATEA (FETTA) en Lugo


Premer aquí:
FETTA na Radio Galega e entrevista a M. Lourenzo con motivo da homenaxe que vai recibir de Fegatea

viernes, 2 de septiembre de 2016

IV PREMIO FEGATEA

A FEGATEA CONCEDE A MANUEL LOURENZO O PREMIO Á ANIMACIÓN TEATRAL

A Xunta Directiva da Federación Galega de Teatro Afeccionado acordou, por unanimidade, concederlle o Premio FEGATEA á Animación Teatral, na súa cuarta edición, a Manuel Lorenzo, pola súa dilatada e significada traxectoria no eido da cultura teatral galega.
A FEGATEA, que agrupa a arredor de 50 grupos de teatro amador e asociacións culturais de toda Galicia, convoca este premio de carácter honorífico bianualmente. A súa finalidade é recoñecer o labor a prol do teatro dunha persoa, colectivo ou entidade.
Neste sentido a Xunta directiva da FEGATEA considerou que o intenso e prolífico traballo de Manuel Lorenzo como director teatral, dramaturgo, actor e tradutor, así como o seu labor impulsor e dinamizador de incontables iniciativas, tanto no teatro profesional como amador, falan dun compromiso co teatro galego difícil de igualar e fano sobradamente merecedor deste galardón.

A entrega do Premio terá lugar nunha cea homenaxe o día 10 de setembro na cidade de Lugo.