martes, 29 de marzo de 2016

PLATTA EN ZAMORA

PRENSA TRANSFRONTERIZOS 2016. ZAMORA



PLATTA EN ZAMORA



Reunión representantes de PLATTA durante o Festival Fronterizos celebrado en Zamora (marzo 2016)

PLATTA EN ZAMORA

MAIS FOTOS DE TRANSFRONTERIZOS 2016. ZAMORA
Actuacións teatrais e sesións de lecturas dramatizadas





PLATTA EN ZAMORA

ALGUNHAS FOTOS QUE MOSTRAN O AMBIENTE, O TRABALLO, O TEATRO CON MAIÚSCULAS QUE SE PUIDO DISFRUTAR DURANTE O TRANSFRONTERIZOS 2016





PLATTA EN ZAMORA

TRANSFRONTERIZOS ZAMORA 2016


Na fin de semana do catro ao seis de marzo celebrouse o IV Festival de Teatro AficionadoTransfronterizo 2016 en Zamora.
Ao Festivalasistiron os membros da Platta: Fegatea, Comedias do Minho e Revista Galega de Teatro.
A Fegatea estivo representada por catro membros da Xunta Directiva, a directora das leituras dramatizadas, Clara Gayo, Germán  de Atrezo Teatro e Doro Piñeiro de Teatro Escoitade.
Comezou a nosa presencia na rolda de prensa de presentación do Festival que tivo lugar no Palacio de la Alóndiga. Nela estivo presente, ademais da organización e os representantes de Fegatea, a Concelleira de Cultura do Concello de Zamora.
Esa mesma noite, ás 21.00 horas comezaron as representacións teatrais do Festival. O grupo encargado foi Cachivache de Palencia. Puxeron en escena a obra: "Soliloquio de Grillos".
O sábado de mañá comezaron os obradoiros de leituras dramatizadas nos tres idiomas: Os casteláns fixeron un texto en galego, os galegos en portugués e os portugueses en castelán.
Ao mesmo tempo as directivas da Federación Castelá Leonesa,  da Fegatea, de Comedias do Minho e o representante da Revista Galega de Teatro  se puxeron a traballar no ámbito da VII Mesa Platta.
Nesta mesa repasáronseos resultados da actividade do pasado ano,  acordáronse prazos e trámites para a mellor xestión das actividades conxuntas  e tamén recabar información e asesoramento para conseguir financiación a nivel estatal ou mesmo europeo para as mesmas.
Tanto os obradoiros coma a mesa Platta  continuaron a desenvolverse logo do xantar, case de traballo, pois entre os asistentes se foron tecendo relacións de amizade e de intercambio de experiencias teatrais e non teatrais.
Pola noite, ás 20.30, no  Teatro Elvira Fernández, actuou o grupo da AssociaçaoFilarmónicaMilagrense, de Monçao  coa obra: "Os Preços".
Logo da cea de confraternidade a Fegatea organizou unha pequena festa lúdico-gastronómica de temática galega.
A mañá do domingo foi de descanso e de visita turística pola Ruta do Románico da Cidade de Zamora.
Logo desa visita, ás 12.00, no mesmo espazo cás outras representacións, actuou o grupo Atrezo Teatro que representou a obra: "Carapuchiña Vermella"
Pola tarde, logo do xantar, levouse a cabo a última actividade programada, a representación das leituras dramatizadas. Foi no Museo Etnográfico de Castela e león.
As persoas que asistiron gozaron dos espectáculos e recompensáronos con gargalladas cando a acción o requiría e con aplausos abondosos ao final de cada unha das leituras.

PLATTA EN ZAMORA





A PRIMEIROS DO MES DE MARZO CELEBROUSE O FESTIVAL DE TEATRO AFICIONADO TRANSFRONTERIZO EN ZAMORA

domingo, 13 de marzo de 2016

IV PREMIO FEGATEA




IV PREMIO FEGATEA Á ANIMACIÓN TEATRAL



1.    A FEDERACIÓN GALEGA DE TEATRO AFECCIONADO convoca o “IV Premio Fegatea á Animación Teatral”.

2.    O premio ten como finalidade pór de relevo o labor a prol do teatro amador dunha persoa, colectivo ou entidade de Galicia, España ou o mundo (nesta orde de preferencia).

3.    Valorarase, principalmente, o labor sociocultural e a súa repercusión. O achegamento da cultura das artes escénicas ás poboacións tradicionalmente afastadas dela e a promoción social de colectivos marxinados ou desfavorecidos a través da práctica do teatro.


4.    Premiarase unha traxectoria ou ben unha determinada acción de especial relevo. O premiado ou premiada será sempre a persoa, colectivo ou entidade que a realizase.

5.    Só haberá un premio e será indivisible. O premio ten carácter honorífico, sen dotación económica.


6.    O premiado ou premiada recibirá un diploma acreditativo da FEGATEA e un galardón deseñado especialmente para este premio.

7.    As candidaturas ao “Premio Fegatea á Animación Teatral” poden ser propostas por calquera das entidades integradas na FEGATEA que estean ao corrente no pago da cota. Tamén poderá propoñer unha candidatura a propia xunta directiva da Fegatea .


8.    Non se aceptarán propostas anónimas nin indebidamente presentadas.

9.    A candidatura virá avalada pola xunta directiva da entidade que a presente. Toda proposta virá acompañada dun dosier no que se expoñan os méritos e razóns que levan á presentación da mesma.


1 O prazo de presentación de candidaturas será do 18 de xuño do 2016.

11. O xurado estará composto por un mínimo de tres persoas que designará a directiva da FEGATEA.


12. O fallo do premio será inapelable e darase a coñecer nunha cerimonia na que se lle entregará ao premiado ou premiada o diploma e o galardón acreditativo.


ENDEREZO PARA A PRESENTACIÓN DE CANDIDATURAS